Importe (Sin Imp.)
137.948,80 €
Total: 166.918,05 €
Valor Estimado
137.948,80 €
Expediente
1331/2026
Plazo Presentación
22/10/2026 (23:59:00)
Tipo de Contrato
Obras
Subtipo
Construcción
CPV
Lugar de Ejecución
Duración
4 Mes(es)
Procedimiento
Abierto simplificado
Financiación UE
No
Tramitación
Ordinaria
Sistema Contratación
No aplica
Presentación
Electrónica
| Criterio | Ponderación | Tipo |
|---|---|---|
| Ampliación del plazo de garantía | 10 | Matemático |
| Precio ofertado | 90 | Matemático |
Situación Personal
Os contratistas deberán contar, asimesmo, coa habilitación empresarial ou profesional esixibles para a realización das prestacións que constitúan o obxecto do contrato.
No prohibición para contratar
Código: 2
Capacidad de obrar
Código: 1
A solvencia técnica ou profesional do empresario: Acreditatase mediante a relación de obras executadas nos últimos cinco anos, que sexan do mesmo grupo ou subgrupo de clasificación que o correspondente ao contrato, ou do grupo ou subgrupo máis relevante para o contrato se este inclúe traballos correspondentes a distintos subgrupos, cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 70 por cento da anualidade media do contrato. A tal efecto a relación das obras executadas acreditarase mediante certificación de boa execución; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas cales se rexe a profesión e se se levaron normalmente a bo termo; de ser o caso, os ditos certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente. Non obstante, conforme o disposto no artigo 88.2 da LCSP as empresas de nova creación, entendendo por tales aquelas que teñan unha antigüidade inferior a cinco anos, a solvencia técnica acreditarase por un ou varios medios dos relacionados nas letras b) a f) de dito artigo. As anteriores solvencias económica, financeira, técnica e profesional, poderán seren substituídos pola debida acreditación de haber obtido a clasificación para os contratos de obras no grupo G) (Viais e pistas), Subgrupo 6 (Obras viais sen cualificación específica), categoría 1) mediante a achega de certificación expedida pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Ministerio de Facenda (ou órgano correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia).
A solvencia económica e financeira do empresario: O criterio para a acreditación da solvencia económica e financeira será o volume anual de negocios do licitador ou candidato, que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos deberá ser polo menos unha unha vez e media do valor estimado do contrato. O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no devandito rexistro, e en caso contrario polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.